Friday 17 de May de 2024

Filipa cos contos, este venres nas Tardes de contos e lendas


A sesión, que terá lugar ás 18.30 horas, vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 6 anos

Filipa cos contos é o título do relato que este vindeiro venres, 23 de marzo, ás 18.30 horas, ofrecerá a biblioteca municipal de Ordes dentro da actividade Tardes de contos e lendas. Os nenos e nenas que desexen acudir deberán inscribirse previamente na mesma biblioteca en horario de mañá, ou ben chamando ao 981681992. A sesión virá da man da compañía Bandullo azul, e está especialmente dirixida aos menores con idades comprendidas entre os 4 e os 6 anos.